Thursday 25 de April de 2024

Desempregados de Touro, O Pino e Boqueixón inician prácticas en empresas co obxectivo de incorporarse ao mercado laboral tras a formación recibida en agricultura da man da Rede Xiana


Un grupo de 11 desempregados dos concellos de Touro, O Pino e Boqueixón iniciaron esta semana ás prácticas en empresas tras recibir a formación no curso de Actividades Auxiliares en Agricultura incluido no Proxecto Rede Xiana impulsado pola Deputación da Coruña en colaboración cos concellos da provincia. As personas que iniciaron o curso en marzo e agora as prácticas en empresas de Touro e dos concellos limítrofes teñen o obxectivo de incorporarse ao mercado laboral sumándose a algún proxecto vinculado á agricultura ou coa posta en marcha dalgunha iniciativa de autoemprego dentro deste mundo. O curso combina formación para mellorar as competencias persoais e profesionais con asesoramento personalizado e a realización de prácticas. O curso conta cun itinerario de inserción laboral. A súa duración é de arredor de seis meses, nos que se impartiron 330 horas de prácticas de agricultura, e agora recibirán outras 200 horas de prácticas nunha empresa vinculada ao sector e tamén un seminario de correo electrónico.
O alcalde, Ignacio Codesido, desexoulles aos asistentes moita sorte no eido laboral e destacou as posibilidades e oportunidades que ofrece o territorio próximo ao Ulla para a explotación individual e en réximen de cooperativa na horticultura.